Obradoiros

 

Nenos e nenas orquestra

 

 

 

Impartido por Cé Orquestra Pantasma, vai dirixido a aqueles nenos e nenas que queren ter a experiencia de crear e tocar varios instrumentos a un tempo, igualiño que se foran homes ou mulleres orquestra de verdade. Instrumentos de percusión nun pé e nunha man, e na outra instrumento para tocar coa boca e facer a melodía.

UNHA ACTIVIDADE IDEAL PARA DESFRUTAR EN FAMILIA!

é preciso inscrición previa nos días do Festival

.

obradoiro stop motion

 

 

 

O estudo de fotografía Cal 3 (Redondela) achegará a súa  colaboración co festival mediante a realización dun obradoiro de ‘Stop Motion’, unha técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas.

Especializados en reportaxe social, impresión fotográfica, reportaxe, audiovisual, viaxes.. e composición de álbumes, entre outros, os profesionais do estudo redondelá gardan un rico arquivo de material fotográfico de Galicia confeccionado ao longo de varias xeracións dunha mesma familia.

 

é preciso inscrición previa nos días do Festival

.