SOUTOPEQUENO
As Actuacións en SOUTOPEQUENO

Cé Orquestra Pantasma
Cé Orquestra Pantasma é, sen dúbida, o home orquestra máis coñecido en Galicia e arredores. Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozando a mans cheas das súas propostas poñlas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Coa música como eixo central, converte cada actuación nunha festa participativa.
No seu novo espectáculo: A xogar, cantar e bailar, a rapazada chega a converterse en protagonista do concerto, grazas a un repertorio composto de melodías, xogos musicais e cantigas de diferentes tipos para que participe xogando, cantando e bailando… ata caír de cú!!

Pulpiño Viascón
PULPIÑO VIASCÓN (Marcos Aboal) , membro de Os Diplomáticos de Monte Alto, é un músico multiintrumentista, intérprete de serrucho musical, acordeón diatónico, batería e diversos instrumentos.Colaborou en discos de Manu Chao e Susana Seivane, entre outros.
Nesta ocasión preséntanos A Organeta: un órgano de Barbaria importado de Inglaterra, que foi fabricado nos anos 20 e restaurado nos 80, nun show itinerante para todos os públicos, aderezado tamén con unha clase maxistral de serrucho.

A Banda das Apertas
A Banda das Apertas é o formato musical de Magín Blanco, un dos máis coñecidos creadores de propostas escénicas para público familiar no panorama actual galego, acompañado polos músicos Jorge Juncal, Jerry Noia, Suso Lorenzo e pola voz de María Faltri.
A Banda conta con anos de traxectoria musicando para o público infantil e familiar as aventuras de
A nena e o grilo, descubrindo os seus segredos a través dun bo puñado de cancións que xa son clásicos que fan cantar e bailar a públicos pequenos e maiores.
A Banda das Apertas é unha das propostas musicais preferidas polo público miúdo e polas súas familias.
.

Barafunda
Barafunda Animación nace en 2009 conformada por un equipo de profesionais especialistas en ocio educativo, a animación sociocultural e a produción de eventos. A súa vocación é a de encher as rúas de risas e diversión: música, globos, pasarrúas, bromas e moito máis!
O séquito do Capitán Nemo é a súa proposta nesta ocasión. Un pasarrúas marino e divertido, con buzos e outros personaxes traídos do fondo dos mares, dispostos a animar e divertir a todo tipo de públicos.