SOUTOPEQUENO

A Música en SOUTOPEQUENO

Uxía Lambona e a Banda Molona (Galicia)

 

Uxía Lambona e a Banda Molona nace coma un proxecto lúdico, musical e educativo, que pretende sobre todo divertir ás crianzas.

Esta banda de música infantil recolle os clásicos populares galegos dándolle o seu toque particular, desde A Carolina rapeada ata O Jato rockero, pasando por outros moitos temas tradicionais

 

Martiña soñadora (Galicia)

 

Martiña soñadora é Sabela King á voz e ukelele e Carlos Gil Fandiño ao piano e voz. É unha formación recente que naceu para o desfrute de nenos e nenas. Con Martiña soñadora bailarán, aprenderán das músicas e gozarán de cancións con ritmos brasileiros, portugueses, do rock and roll e mesmo do blues con fermosas letras en galego, e incluso en francés

A Pequena e Grande Orquestra (Galicia)

Música infantil de todos os tempos para público miúdo, avós, avoas, nais e pais. A Pequena e Grande Orquestra é música de verbena, é diversión, son recordos en forma de cancións e tamén tendencia. O proxecto nace co fin de comunicar, divertir e educar a través da música, facendo un repaso polos grandes éxitos da música infantil de todos os tempos e de todos os lugares.

Os Monifates (Galicia )

 

 

Os Monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán de instrumentos tradicionais que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. Nacen cunha filosofía de transmitir un son diverso e dinámico. Eles son Alberto Millán Betanzos e José Piñeiro Pérez.

As súas actuacións contan
ademais con diversos bonecos
bailaríns cunha parella de bailaríns.

PedritoNewheel

(A Rioxa)

Home orquestra

PedritoNewheel é un artista multidisciplinar de orixe rioxano cunha ampla experiencia en espectáculos de rúa. Comezou a súa andaina en Inglaterra onde aprendeu artes circenses.

Facedor e investigador de todo tipo de trebellos sonoros e musicais , este polifacético home orquestra toca moitos instrumentos como gaitas, frauta, acordeón diatónico, percusión entre outros e presentará dous espectáculos diferentes.

Flor Teclas

(Arxentina)

 MULLER ORQUESTRA

Flor é orixinaria de  Bos Aires (Arxentina) aínda que leva afincada dende hai xa un tempo na Coruña, recén chegada ao  multiinstrumentismo, é unha das escasas mulleres orquestra que andan polo mundo. Teclas é todo un «show»  itinerante de muller orquestra mestura o reggae, ska fusión os seus instrumentos son o acordeón e a percusión.

Kiko Tacabanda (Italia)

HOME ORQUESTRA

Home orquestra. A música sempre foi a súa fiel compañeira de vida e aos 13 anos, cos primeiros instrumentos musicais, esta gran paixón comezou a materializarse e a evolucionar.

Logo dos primeiros anos autodidactas, Kiko iniciou os seus estudos de percusión, (djembe), batería, guitarra (clásica, acústica e eléctrica), baixo eléctrico, trompeta e saxofón, así como as principais nocións de piano.

Inicialmente participou en varias bandas de covers como cantante e posteriormente fundou o grupo OginoKnaus.

Da Cruz One Man Band (Portugal)

 

HOME ORQUESTRA

“Da Cruz” é o seudónimo de David Cruz, actor, músico e profesional das Artes do Espectáculo desde 1991, membro fundador e actual director da compañía profesional itinerante portuguesa de Teatro e Música Encerrado para Obras. O proxecto «Da Cruz One Man Band» é a 36a produción de Encerrado para Obras, presentado en ducias de localidades do país como o único home orquestra tradicional portugués , un artista polifacético con espectáculo sorprendente no que toca un total de 17 instrumentos mentres camiña.

Cé Orquestra Pantasma (Galicia)

 HOME ORQUESTRA

Nenos, nenas, vellos e vellas levan gozado a mans cheas das súas propostas polas máis destacadas feiras, festas, festivais e romarías populares do país. Coa música como elemento común, Cé Orquestra Pantasma ofrece varios formatos individuais ou combinables entre si.

Co seu espectáculo, esta compañía galega consegue transportarnos aos tempos en que nas nosas festas máis arraigadas todos eran partícipes e creadores do divertimento