CURTAMETRAXES A CONCURSO

-7 ANOS

                  

VS Santa

Dirección :Raúl Colomer. Duración: 4 min

 

O día de Noiteboa, unha nena atópase soa nun inmenso apartamento cando por fin recibe a esperada visita de Santa Claus, que chega á súa casa co propósito de cumprir a súa tarefa anual: entregar agasallos. Con todo, o presente que quere non é o que Santa lle trouxo.

Viacruxis

Dirección :Ignasi López.   Duración: 11 min

 

 

 

 Marcel e Andrez  son unha lenxendaria parella de montañeiros. foron os primeiros en conquistar os cumes máis altos e difíciles. A pesar de ter temperamentos tan diferentes forman un gran equipo.

Oh L´amour

Dirección :Gerardo Dela Fuente .   Duración: 3 min

 

 

Non se sofre por amor, sófrese por idiota

Dry fly

Dirección :Ruth J. Mompó.   Duración: 5 min

 

Margarito é unha sedenta mosca a piques de morrer nun caloroso día. Cun á danada e sen poder voar divisa unha pinga de auga na boca dunha planta carnívora. Margarito emprenderá unha serie de fazañas para poder alcanzar o seu obxectivo sen morrer no intento.

I Wish

Dirección :Víctor L. Pinel.   Duración: 4 min

 

 

 

I Wish… trata dun home incapaz de perseguir os seus desexos, e de como cando non segues os teus soños, son eles quen che persegue a ti.

Las aventuras de Félix

Dirección :Ricardo Ramón.   Duración: 10 min

 

 

 

 

 

Félix quere ter a todos os animais preto, poder xogar con eles, ser o seu amigo, poder coidalos e alimentalos. Aos seus oito anos, tenta dar caza aos animais da figueira próxima a casa, e consegue atrapar o paxaro cantarín.

El nen i L’eriço

Dirección :Marc Riba – Anna Solanas.    Duración: 3 min

 

Un neno sobe unha pendente. No alto atópase cun curioso ourizo.

El cocodril no em fa por

Dirección: Marc Riba – Anna Solanas.   Duración: 4 min

 

Había unha vez un crocodilo que non lle gustaba cazar.

The Good Queue

Dirección :Roger Giménez.   Duración: 5 min

 

 

Esta historia retrata a condición humana nunha situación cotiá. A cobiza e a impaciencia son sempre malos conselleiros, pero estamos condenados a seguir os seus impulsos.

CURTAMETRAXES A CONCURSO

+7 ANOS

La Noria

Dirección :Carlos Baena.   Duración: 12 min

 

 

A escuridade non é sempre o que parece.

Madrid- Atocha

Dirección :Jorge Dayas.   Duración: 6 min

 

Un tren de proximidade parte de noite dunha solitaria e escura estación. A través do portelo sucédense sobre a paisaxe distintos episodios.

Life Time

Dirección :Carlos Escutia – Ramón Mascarós    Duración: 10 min

 

 

 

 Lifetime é unha historia que fala sobre a vida, e de como a afección dun neno por Pacman pode crear de forma inesperada unha conexión que vai máis aló do tempo e das circunstancias.

Si no soy yo no puede ser

Dirección :Mario Torecillas.   Duración: 10 min

 

 

 

25 nenos e nenas Sirios e Kurdos establecidos provisionalmente no campo de refuxiados de Cherso, Grecia. Dúas caixas de cartón de neveiras baleiras. Lapis, tesoiras, papel? Unha identidade protexida grazas aos debuxos destes nenos. Velaquí unha película de animación, feita en cartón e corazón. Un relato contado en primeira persoa dun episodio vergoñoso de Europa, que suma e segue..